O 4 de marzo de 2026, a Cidade da Cultura de Galicia, no Gaiás, en Santiago de Compostela, acolleu a xornada «Creatividade aumentada: cando a IA impulsa a túa arte», impartida por Israel Luri e organizada por ASFOGAL.
Durante o encontro, Israel Luri abordou as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial como ferramenta aplicada á creación artística e fotográfica.
A formación centrouse en como integrar estas novas tecnoloxías no proceso creativo, explorar outras formas de traballo e ampliar os recursos ao alcance dos autores. Máis alá do funcionamento das ferramentas, a xornada puxo o foco na creatividade, na intención e no criterio persoal á hora de utilizalas.
O encontro serviu tamén para reflexionar sobre o papel do fotógrafo e a autoría nun momento no que a intelixencia artificial está a transformar a maneira de crear e construír imaxes.
As fotografías que acompañan esta entrada recollen algúns momentos da xornada.


