A formación é unha das nosas bases.
Ao longo do ano promovemos talleres, conferencias, xornadas e encontros pensados para mellorar a preparación dos profesionais da imaxe e favorecer o intercambio de experiencias entre compañeiros.
A nosa idea de formación
Non buscamos unha programación pechada nin ríxida, senón unha actividade viva, adaptada ás necesidades reais dos socios e ao momento do sector.

José Manuel Navia en Asfogal
O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Navia é un dos grandes nomes da fotografía documental española. O territorio, a memoria, a identidade e a literatura están moi…

Paolo Roversi: Doubts: visita guiada de ASFOGAL na Fundación MOP
17 de setembro de 2026Fundación MOP, A Coruña O xoves 17 de setembro, un grupo de quince socios e socias de ASFOGAL visitamos na Fundación MOP a exposición Doubts, dedicada ao fotógrafo italiano Paolo Roversi. Durante a visita guiada puidemos coñecer con máis detalle o seu traballo e unha…

Algunhas ideas arredor do retrato fotográfico, con Eduardo Momeñe
25 de marzo de 2026 Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 25 de marzo recibimos no Gaiás a Eduardo Momeñe, fotógrafo, cineasta e autor de numerosos ensaios arredor da fotografía e da construción da mirada. Durante a xornada achegámonos ao retrato fotográfico a partir da…

Creatividade aumentada: cando a IA impulsa a túa arte, con Israel Luri
O 4 de marzo de 2026, a Cidade da Cultura de Galicia, no Gaiás, en Santiago de Compostela, acolleu a xornada «Creatividade aumentada: cando a IA impulsa a túa arte», impartida por Israel Luri e organizada por ASFOGAL. Durante o encontro, Israel Luri abordou as posibilidades que ofrece a intelixencia…

Migración e conflito: desde Siria ata Varsovia, con Samuel Nacar
21 de xaneiro de 2026 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 21 de xaneiro recibimos no Gaiás a Samuel Nacar, fotógrafo documental e cineasta centrado na migración, os conflitos sociais e as consecuencias que estes deixan nas persoas e nos territorios. Durante o obradoiro repasou máis dunha…

Fe. Unha ofrenda á fotografía, con Tino Martínez
2 de decembro de 2025 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 2 de decembro recibimos no Gaiás a Tino Martínez, un dos grandes referentes da fotografía galega, para compartir unha xornada arredor do seu traballo e da súa longa traxectoria. Durante o encontro percorremos Fe, un proxecto…

Axúdame a mirar: as claves para narrar unha historia, con Tino Soriano
14 de outubro de 2025 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 14 de outubro recibimos no Gaiás a Tino Soriano, fotógrafo cunha longa traxectoria vinculada á fotografía documental e de viaxes. Durante o obradoiro Axúdame a mirar, Soriano compartiu a súa maneira de observar, construír e contar…

David Bailey’s Changing Fashion: visita de ASFOGAL á Fundación MOP
11 de agosto de 2025Fundación MOP, A Coruña O 11 de agosto de 2025, ASFOGAL organizou unha visita á exposición David Bailey’s Changing Fashion, na Fundación MOP da Coruña. A mostra reuniu máis de 140 fotografías, algunhas delas inéditas, realizadas durante as décadas de 1960 e 1970. O percorrido permitiu…

O oficio de mirar e o compromiso coa realidade, con Emilio Morenatti
20 de marzo de 2025 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 20 de marzo recibimos no Gaiás a Emilio Morenatti, fotoxornalista e gañador de dous premios Pulitzer, para compartir unha xornada arredor da fotografía, do oficio de mirar e da responsabilidade de contar a realidade a través…

Irving Penn: Centennial: visita guiada de ASFOGAL na Fundación MOP
14 de xaneiro de 2025Fundación MOP, A Coruña O 14 de xaneiro de 2025, ASFOGAL organizou unha visita á exposición Irving Penn: Centennial, na Fundación MOP da Coruña. Para coñecer a mostra con maior profundidade, a asociación contratou un guía exclusivamente para o grupo, que acompañou as persoas participantes durante…

Comida de Nadal de ASFOGAL en Santiago de Compostela
Decembro de 2024Santiago de Compostela En decembro de 2024, ASFOGAL celebrou en Santiago de Compostela a súa comida de Nadal, un encontro no que as persoas asociadas puideron compartir mesa e conversa fóra da dinámica habitual do traballo. A xornada serviu para intercambiar experiencias, falar do vivido ao longo do…

Comuniones con alma, con Los Juanchys
28 de maio de 2024 Espazo Off da Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela ASFOGAL organizou Comuniones con alma, un taller de fotografía de comuñón impartido por Los Juanchys, o equipo formado por Juanchy e Gabry. Durante unha xornada completa, de 9.30 a 19.00 horas, compartiron o…

El marketing de las personas. Creando un negocio de bodas que te haga feliz, con Joy Zamora
10 de abril de 2024 Espazo Off da Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela Joy Zamora impartiu un taller centrado na comunicación, a marca persoal e na construción dun negocio de fotografía de vodas coherente coa maneira de ser e traballar de cada profesional. Ao longo da…

O novo escenario das redes sociais, con Javi Mos
23 de xaneiro de 2024 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela Javi Mos impartiu un taller práctico sobre o novo escenario das redes sociais e a súa aplicación ao traballo dos profesionais da imaxe. Ao longo da xornada abordou os cambios nas plataformas, a creación de contidos…

En un mismo tiempo diferente, con Gustavo Faraldo
26 de outubro de 2023 Espazo Off da Biblioteca do Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela Gustavo Faraldo impartiu un taller centrado na narrativa audiovisual e na forma de construír historias a través das imaxes. Durante a xornada compartiu o proceso creativo que emprega nos seus proxectos,…

Vicente Ilumina
O 26 de abril de 2023, A Estación, Centro de Emprendemento de Vedra, en Santa Cruz de Ribadulla, acolleu o obradoiro práctico «Vicente ilumina», impartido por Vicente Esteban e organizado por ASFOGAL. A xornada estivo centrada na iluminación fotográfica e nas distintas posibilidades que ofrece a luz á hora de…

Ser creativo, con Jorge Alonso Molina
O 22 de marzo de 2023, A Estación, Centro de Emprendemento de Vedra, en Santa Cruz de Ribadulla, acolleu o obradoiro «Ser creativo», impartido por Jorge Alonso Molina e organizado por ASFOGAL. A xornada xirou arredor da creatividade aplicada á fotografía, da importancia de desenvolver unha mirada persoal e…

Luri Update 2023, con Israel Luri
19 de xaneiro de 2023 A Estación, Centro de Emprendemento de Vedra, Santa Cruz de Ribadulla Israel Luri impartiu unha xornada centrada na actualización dos fluxos de traballo e das ferramentas empregadas na edición fotográfica. Durante o taller presentou novas técnicas e recursos para traballar con Photoshop e Lightroom Classic,…