Axúdame a mirar: as claves para narrar unha historia, con Tino Soriano

14 de outubro de 2025

Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela

O 14 de outubro recibimos no Gaiás a Tino Soriano, fotógrafo cunha longa traxectoria vinculada á fotografía documental e de viaxes.

Durante o obradoiro Axúdame a mirar, Soriano compartiu a súa maneira de observar, construír e contar historias a través das imaxes. Falou da importancia de mirar con intención, de ordenar visualmente unha narración e de entender que unha boa fotografía non depende só do que temos diante, senón tamén de como decidimos contalo.

Foi unha xornada para coñecer de preto a súa experiencia e reflexionar sobre esas pequenas decisións que transforman unha imaxe solta nunha historia capaz de permanecer.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…