Fe. Unha ofrenda á fotografía, con Tino Martínez

2 de decembro de 2025

Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela

O 2 de decembro recibimos no Gaiás a Tino Martínez, un dos grandes referentes da fotografía galega, para compartir unha xornada arredor do seu traballo e da súa longa traxectoria.

Durante o encontro percorremos Fe, un proxecto desenvolvido ao longo de máis de catro décadas no que documentou diferentes manifestacións da relixiosidade popular galega. Romarías, procesións, promesas e tradicións fotografadas en branco e negro desde a proximidade e o respecto. Cultura de Galicia

Foi tamén unha oportunidade para falar de fotografía documental, memoria e compromiso, e para escoitar a quen leva toda unha vida empregando a cámara como ferramenta para conservar unha parte importante da nosa historia.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…