Algunhas ideas arredor do retrato fotográfico, con Eduardo Momeñe

25 de marzo de 2026

Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela

O 25 de marzo recibimos no Gaiás a Eduardo Momeñe, fotógrafo, cineasta e autor de numerosos ensaios arredor da fotografía e da construción da mirada.

Durante a xornada achegámonos ao retrato fotográfico a partir da súa obra e da súa experiencia. Falamos da relación coa persoa retratada, da dirección, da posta en escena, do contexto e das decisións que interveñen na creación dunha imaxe.

Máis que buscar fórmulas, foi unha invitación a pensar por que retratamos, que queremos contar e de que maneira a mirada do fotógrafo acaba formando parte de cada retrato.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…