
Purriños fotógrafos
Somos Yolanda e Inma Purriños, fotógrafas por vocación e por herdanza. Crecemos entre cámaras e imaxes, seguindo os pasos dos nosos pais, tamén fotógrafos, e desde nenas a fotografía forma parte da nosa vida.
Hoxe, esa paixón segue máis viva ca nunca. A nosa traxectoria está recoñecida con numerosos premios nacionais e internacionais, entre eles un Goya de Fotografía, Luces de Granada e o Principado de Asturias, ademais de distintos galardóns da FEPFI e da Federación Portuguesa de Fotografia.
Somos tamén xuízas internacionais de fotografía.
Pero, por riba de todo, somos dúas irmás que seguimos fotografando co mesmo entusiasmo de cando eramos nenas: porque amamos a fotografía e porque cremos no poder dunha imaxe para gardar emocións e momentos para sempre.
O seu traballo








