premio Quijote naturaleza y paisaje

Marcos Rodríguez gaña o Premio Quijote 2025 de Paisaxe e Natureza

9 de outubro de 2025

20ª edición do Premio Nacional de Fotografía Quijote

Auditorio José Luis Perales, Cuenca

O fotógrafo e presidente de ASFOGAL Marcos Rodríguez gañou o Premio Quijote 2025 na categoría de Paisaxe e Natureza durante a gala celebrada en Cuenca.

Na entrega, Carmen Teresa Olmedo Pedroche, viceconselleira de Cultura e Deportes de Castela-A Mancha, destacou a capacidade da obra «para transportar o espectador a un plano distinto e mantelo en vilo».

Este galardón recoñece unha vertente esencial da obra persoal de Marcos Rodríguez, desenvolvida arredor do territorio, a memoria e a paisaxe. Un traballo no que os lugares non funcionan unicamente como escenario, senón tamén como unha forma de contar o que permanece neles.

Organizados por AFOCAM, os Premios Quijote celebraron en 2025 a súa vixésima edición e son un dos certames de referencia da fotografía profesional en España.

Marcos Rodríguez premiado en Cuenca

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…