28 de maio de 2024
Espazo Off da Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
ASFOGAL organizou Comuniones con alma, un taller de fotografía de comuñón impartido por Los Juanchys, o equipo formado por Juanchy e Gabry.
Durante unha xornada completa, de 9.30 a 19.00 horas, compartiron o seu xeito de crear reportaxes nos que a naturalidade convive co estilismo, a dirección e un coidado especial da luz. Unha maneira de traballar na que cada sesión parte da personalidade do neno ou da nena para construír imaxes cunha identidade propia.
A formación permitiu coñecer de primeira man o seu proceso creativo e a maneira na que trasladan a súa experiencia na fotografía de moda, infantil e familiar aos reportaxes de comuñón.
O taller celebrouse con aforo limitado e contou coa colaboración de González Almacén Fotográfico e DreambooksPro.


