Ana Álvarez, La Chica del Vídeo, Mención Especial ao Mellor Son

22 de febreiro de 2026

Calificaciones FEPFI 2026

A videógrafa e membro de ASFOGAL Ana Álvarez Rial, coñecida profesionalmente como La Chica del Vídeo, recibiu unha Mención Especial ao Mellor Son no apartado audiovisual das Calificaciones FEPFI 2026, celebradas no Hotel Finisterre da Coruña.

O recoñecemento puxo en valor o tratamento sonoro dunha das obras presentadas por Ana, destacando a importancia do son na construción do ritmo, da atmosfera e da emoción dunha historia.

Esta mención súmase a unha traxectoria marcada pola formación, a evolución constante e o coidado de cada parte do relato audiovisual.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…