Ana Álvarez, La Chica del Vídeo, obtén o Certificado de Calidade Videográfica FEPFI

22 de febreiro de 2026

Calificaciones FEPFI 2026

Ana Álvarez Rial, coñecida profesionalmente como La Chica del Vídeo, recibiu o Certificado de Calidade Videográfica da Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe durante a Gala de Calificaciones FEPFI 2026.

Esta distinción recoñece a continuidade, a evolución e o nivel técnico do traballo presentado por Ana ao longo da súa participación no certame.

O certificado avala unha traxectoria construída desde a constancia, a formación e a procura dunha linguaxe audiovisual propia.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…