Ana Álvarez, La Chica del Vídeo, acada o título de Mestra Videógrafa FEPFI

22 de febreiro de 2026

Calificaciones FEPFI 2026

A videógrafa e membro de ASFOGAL Ana Álvarez Rial, coñecida profesionalmente como La Chica del Vídeo, acadou o título de Mestra Videógrafa da Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe.

Ana comezou a participar nas Calificaciones FEPFI en 2018, cando esta distinción aínda lle parecía unha meta moi afastada. Oito anos despois, o título recoñece unha traxectoria marcada polo esforzo, a formación e a evolución constante do seu traballo.

Trátase dun dos recoñecementos máis importantes da súa carreira profesional e dun novo paso dentro do sistema de distincións da FEPFI.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…