Asfogal en A Coruña, hotel Finisterre

ASFOGAL, Asociación Referente en Participación nas Calificacións FEPFI 2026

22 de febreiro de 2026

Gala FEPFI · A Coruña

ASFOGAL recibiu o recoñecemento como Asociación Referente en Participación nas Calificacións 2026 da Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen (FEPFI), celebradas na Coruña.

A distinción recoñece a capacidade da asociación para mobilizar aos seus membros, fomentar a participación nas Calificacións e impulsar a formación e o crecemento profesional dentro do colectivo.

Para ASFOGAL, este recoñecemento ten ademais un significado especial. A asociación nacera apenas catro anos antes e chegaba a esta edición cunha presenza especialmente numerosa nunha das citas de referencia da fotografía profesional en España.

Durante as Calificacións, os membros de ASFOGAL tiveron unha presenza moi destacada, con obras meritadas, fotografías seleccionadas para a Colección de Honor, premios nacionais e novas distincións profesionais. Uns resultados individuais que reforzaron o que finalmente se converteu tamén nun recoñecemento colectivo.

O diploma foi entregado durante a Gala FEPFI, celebrada o 22 de febreiro no Hotel Finisterre da Coruña, e recollido por Marcos Rodríguez, presidente de ASFOGAL, de mans de José Luis Rodríguez Martín, xerente e administrador de Norilab Iberia, empresa patrocinadora de FEPFI, en representación de toda a asociación.

Máis alá dos resultados individuais, este recoñecemento supuxo un paso importante na aínda curta historia de ASFOGAL e puxo en valor unha das ideas que están na propia orixe da asociación: medrar como colectivo a través da participación, da formación e do intercambio entre profesionais.

Un recoñecemento para ASFOGAL, pero sobre todo para todas as persoas que forman parte dela.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…