la nueva junta directiva de fepfi

FEPFI presenta a súa nova Xunta Directiva

28 de maio de 2026

Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen

A Asemblea Xeral de FEPFI elixiu o 28 de maio de 2026 a súa nova Xunta Directiva, encabezada por Manuel Navarro Marí, que asume a presidencia despois de formar parte da anterior directiva como tesoureiro.

Esta nova etapa dá continuidade aos proxectos xa en marcha, pero introduce tamén unha reorganización das diferentes áreas de traballo para afrontar os cambios que está a vivir o sector da fotografía e do audiovisual. Entre as súas principais liñas de actuación sitúanse a formación, a interlocución coas administracións, a participación das asociacións federadas e a defensa e o recoñecemento da profesión.

A nova Xunta Directiva queda formada por:

  • Presidente: Manuel Navarro Marí — AFCS, Castellón

  • Vicepresidenta primeira: Ana Álvarez Rial — CREAD (Vídeo) e ASFOGAL (Galicia)

  • Vicepresidenta segunda: Patricia Madrid Marín — AFOCAM, Castilla-La Mancha

  • Secretario: Diego Paredes Jaldo — AGRAFI, Granada

  • Tesoureiro: José Luis Pozo Abril — AGRAFI, Granada

  • Vogal e seleccionador da WPC: José Hidalgo Pérez (PPH) — Proimagen, Jaén

  • Vogal: Fernando Fernández Pérez — AFPAL, Almería

  • Vogal e directora do Corpo Colexiado da Área de Fotografía: Eva Cordero Lorenzo — AFOCAM, Castilla-La Mancha

  • Vogal e director do Corpo Colexiado da Área de Audiovisual: Antonio de los Dolores Barrios — CREAD, Vídeo

Para ASFOGAL, a presenza de Ana Álvarez Rial na vicepresidencia primeira ten unha relevancia especial, xa que tamén forma parte da nosa asociación.

ASFOGAL forma parte de FEPFI e comparte, xunto co resto das asociacións federadas, esta estrutura común de representación da fotografía e da imaxe profesional. Por iso, a renovación da Xunta Directiva tamén nos atinxe directamente: reforzar a Federación significa ampliar a capacidade de traballo, interlocución e defensa da profesión de todas as asociacións que a integramos.

Desde ASFOGAL desexámoslle á nova Xunta Directiva unha etapa de traballo aberta, útil e próxima ás asociacións e aos profesionais que forman parte de FEPFI.

Máis información na web de FEPFI

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…