5 de xuño de 2025
Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen
FEPFI presentou a súa nova Comisión Delegada de Fotografía, un equipo completamente renovado que abre unha nova etapa dentro da Federación.
A Comisión queda formada por Eva Cordero, como directora; Nely Ariza, como subdirectora; Neus Vendrell e Silvia Ferrer.
O novo equipo nace coa intención de reforzar o diálogo e a participación dentro da fotografía profesional. Entre os seus primeiros obxectivos está revitalizar o Certame de Calificaciones FEPFI, achegalo a máis profesionais e potenciar o seu carácter formativo.
Para ASFOGAL, como asociación integrada en FEPFI, esta renovación ten ademais unha significación especial pola presenza de Neus Vendrell, socia da nosa asociación, dentro da nova Comisión Delegada.


