Yolanda e Inma Purriños suman novos recoñecementos internacionais en Portugal

30 abril 2026

As fotógrafas e socias de ASFOGAL Yolanda e Inma Purriños, de Purriños Fotógrafos, sumaron novos recoñecementos á súa traxectoria profesional durante a gala de APPImagem, a Associação Portuguesa dos Profissionais da Imagem, celebrada en Póvoa de Varzim, Portugal.

Yolanda Purriños recibiu a distinción de Fotógrafa Distinguida Internacional, un recoñecemento que acredita a súa traxectoria e os resultados acadados ao longo das diferentes calificacións profesionais da asociación portuguesa.

Pola súa banda, Inma Purriños conseguiu a Cámara de Plata na categoría de Retrato, un dos principais galardóns das Calificacións de APPImagem, e sumou tamén o título de Fotógrafa Especialista en Retrato.

Os recoñecementos chegan despois dunha nova participación destacada das dúas fotógrafas nas Calificacións Internacionais de APPImagem de 2026, celebradas en Viseu, onde Yolanda e Inma conseguiron entre ambas tres Coleccións de Honra e tres Méritos polos seus retratos.

Un novo capítulo na traxectoria de Yolanda e Inma Purriños, segunda xeración de Purriños Fotógrafos, que continúan levando desde Vilalba o seu traballo aos principais certames da fotografía profesional nacional e internacional.

Na prensa

El Progreso — Cuatro fotógrafas lucenses reciben reconocimiento internacional por sus trayectorias y obras

El Progreso — Las fotógrafas vilalbesas Inma y Yolanda Purriños ganan proyección internacional con seis galardones en un certamen en Portugal

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…