O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Navia é un dos grandes nomes da fotografía documental española. O territorio, a memoria, a identidade e a literatura están moi presentes nun traballo construído ao longo dos anos desde unha mirada moi persoal e cunha especial atención á forma de contar a través das imaxes.
É autor de numerosos proxectos e publicacións, entre elas Nóstos, Miguel de Cervantes o el deseo de vivir, Alma Tierraou Un reino maravilloso.
Ao longo da xornada, Navia compartirá connosco o seu traballo, a súa maneira de entender a fotografía e de construír os seus proxectos, así como algunhas das experiencias e reflexións que hai detrás das súas imaxes.
Unha oportunidade para coñecer máis de preto o traballo e a mirada dun fotógrafo cunha longa e recoñecida traxectoria dentro da fotografía documental.
Martes 20 de outubro de 2026
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia – Gaiás, Santiago de Compostela
Prezos
Socios de Asfogal: 60 € ata o 13 de setembro.
A partir do 14 de setembro: 90 €.
Federados FEPFI: 125 €
Non socios: 175 €
Xantar incluído no prezo.
Prazas limitadas.


