A primeira comida de Nadal de ASFOGAL

28 de decembro de 2022
Bar A Molinera, Paramos (Val do Dubra)

O 28 de decembro de 2022 celebramos no Bar A Molinera, en Paramos, a primeira comida de Nadal de ASFOGAL.

A asociación acababa de completar o seu primeiro ano de vida e daquela eramos moitos menos, pero xa había ganas de xuntarnos, compartir experiencias e construír un espazo común para a fotografía profesional galega.

Vista hoxe, esta fotografía conta tamén unha parte da historia de ASFOGAL: a dun grupo pequeno que comezaba a camiñar xunto e dunha asociación que, pouco a pouco, foi medrando.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…