Marcos Rodríguez Fotógrafo

LocalizaciónsUbicación 1Carballo · A CoruñaPraza de Galicia, 24Ubicación 2Cee · A CoruñaAvda. Lino Rodriguez Madero, 9
EspecialidadesBautizoComuñónDocumentalEmbarazoEventosFamiliarPaisaxeRetratoSocialVoda

Marcos Rodríguez (Milán, 1973) é un fotógrafo carballés que mantén a súa base entre Cee e Carballo. Gústalle agocharse detrás dunha cámara. É a súa maneira de estar presente sen chamar a atención e, tamén, a forma máis sincera que atopou de vencer a timidez.
Desde 2007 traballa profesionalmente observando, narrando e contando historias. A súa fotografía está profundamente ligada ás persoas, ao territorio e á memoria, cunha mirada que aplica tanto aos seus proxectos documentais como á fotografía de vodas. Prefire deixar que as cousas sucedan con naturalidade, sen perseguir modas nin interromper o que ten diante.
É autor de Finis Terrae, publicado pola Editorial Canela e actualmente na súa segunda edición. A súa traxectoria foi recoñecida con numerosos premios nacionais e internacionais, entre eles a Medalla de Prata na World Photographic Cup de 2015 e o título de Mellor Fotógrafo Europeo do Ano en Reportaxe Gráfica en 2017, 2018 e 2019. É Mestre Fotógrafo Instrutor e Fotógrafo Distinguido pola FEPFI, Mestre Fotógrafo Internacional e Fotógrafo Distinguido pola APPImagem, e presidente de ASFOGAL.

O seu traballo

Vídeos