Amanda Pérez, de Mate Estudio, Cámara de Plata e Mellor Fotografía Internacional do Ano en Recén Nacido

30 abril 2026

 Internacional do Ano en Recén Nacido

A fotógrafa Amanda Pérez, de Mate Estudio e socia de ASFOGAL, acadou dous importantes recoñecementos nas Calificacións de APPImagem, a Associação Portuguesa dos Profissionais da Imagem.

Amanda foi recoñecida coa Cámara de Plata na categoría de Recén Nacido e conseguiu ademais o premio á Mellor Fotografía Internacional do Ano 2026 na mesma categoría, situando o seu traballo entre o máis destacado da fotografía profesional presentada ao certame.

Dous galardóns que recoñecen o traballo que Amanda desenvolve xunto á súa socia, Raquel Lamas, desde Mate Estudio, cunha longa especialización na fotografía de recén nacidos e infantil.

Os premios foron entregados en Póvoa de Varzim, Portugal, no marco dos recoñecementos de APPImagem, unha das principais asociacións profesionais de fotografía e imaxe do país veciño.

Estes recoñecementos chegan, ademais, apenas uns meses despois de que Raquel Lamas fose distinguida co Premio FEPFI 2026 en Fotografía de Recén Nacido, convertendo 2026 nun ano especialmente destacado para o traballo desenvolvido por ambas fotógrafas desde Mate Estudio.

Un novo éxito internacional para Amanda Pérez e Mate Estudio, e unha nova presenza de ASFOGAL entre os profesionais recoñecidos fóra das nosas fronteiras.

Aquí tes a nova no El Progreso

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…