Cristina Becerra, LUX de Ouro en Reportaxe Social por Lembranza

4 de decembro de 2025

Premios LUX 2025 · Disseny Hub Barcelona

A fotógrafa e socia de ASFOGAL Cristina Becerra Lorenzo foi recoñecida co LUX de Ouro na categoría de Reportaxe Social na 33ª edición dos Premios LUX pola súa serie Lembranza.

O traballo recolle o ambiente dun grupo de nenas que acompañan a unha amiga no día da súa primeira comuñón. A través de escenas espontáneas e cotiás, Cristina constrúe un relato no que o protagonismo está nos xestos, nas relacións e nos pequenos momentos que suceden arredor da celebración.

Este LUX de Ouro supón un dos principais recoñecementos da fotografía profesional en España e sitúa Lembranza como o mellor traballo de Reportaxe Social da edición de 2025.

Natural de Cerceda e residente en Buño, Cristina desenvolve o seu traballo profesional desde o seu estudio en Carballo.

A entrega do premio tivo lugar o 4 de decembro de 2025 durante a gala celebrada no Disseny Hub de Barcelona.
Podedes acceder aquí, á nova de La Voz de Galicia 
Dende aquí podedes ver os outros gañadores da sua categoría.
Aquí atoparás a nova no Diario de Bergantiños

 

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…