David Bailey

David Bailey’s Changing Fashion: visita de ASFOGAL á Fundación MOP

11 de agosto de 2025
Fundación MOP, A Coruña

O 11 de agosto de 2025, ASFOGAL organizou unha visita á exposición David Bailey’s Changing Fashion, na Fundación MOP da Coruña.

A mostra reuniu máis de 140 fotografías, algunhas delas inéditas, realizadas durante as décadas de 1960 e 1970. O percorrido permitiu achegarse á traxectoria de David Bailey e á maneira na que transformou a fotografía de moda e retrato, contribuíndo a definir a revolución creativa e cultural do Londres dos anos sesenta.

Unha oportunidade para coñecer de preto o traballo dun fotógrafo que levou a moda fóra do estudio e converteu a súa mirada nunha parte fundamental da cultura visual contemporánea. Fundación MOP

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…