20 de marzo de 2025
Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela
O 20 de marzo recibimos no Gaiás a Emilio Morenatti, fotoxornalista e gañador de dous premios Pulitzer, para compartir unha xornada arredor da fotografía, do oficio de mirar e da responsabilidade de contar a realidade a través das imaxes.
Ao longo do encontro, Morenatti repasou parte da súa traxectoria e falou da experiencia acumulada durante anos traballando nalgúns dos escenarios máis complexos do mundo. Pero tamén da intención, das decisións e do compromiso que existen detrás de cada fotografía.
Foi unha oportunidade para escoitar e conversar cun dos grandes nomes do fotoxornalismo contemporáneo, achegándonos non só ao seu traballo, senón tamén á súa maneira de entender a fotografía.


