Pily Reñones Studio Fotográfico

LocalizaciónTOMIÑO · PontevedraTEBRA- PEDREIRA, 4 · 36746
EspecialidadesComuñónDocumentalRetratoVoda

Dende o concello de Tomiño, na provincia de Pontevedra, chego a fotografía profesional no ano 2000 despois de varios anos de preparación.

Era nena de ideas claras, quería contar cousas; xogaba a facer entrevistas sobre la vida da miña avoa paterna na guerra e facía fotos cunha pequena cámara de xoguete.
A miña primeira cámara foi aos 7 anos como regalo no día do Pilar.
Recordo o son do arrastre do rolo ata acabar aquelas 12 posibles fotos.
O meu primer estudio foi a miña habitación onde pechaba as contraventanas e iluminaba cunha pequena lampariña as bonecas que facían de modelos ca roupa da miña irmán.

Co paso do tempo xa me gustaba máis fotografiar outras cousas que me despertaban interés . Os carnavales na escola, excursións, o traballo da miña avoa no campo, os veciños...

Sempre gustei de ser periodista ou fotógrafa, pero cando remato EXB fixen B.U.P para despois seguir con administración, pero no segundo ano a pouca satisfación fixome deixalo para ser libre e empezar a estudar fotografía.

Dende o primer momento SABÍA O QUE QUERÍA... CONTAR HISTORIAS.

No ano 2000 empeza a miña carreira profesional nunha empresa de casamentos entre España e Portugal na que ao longo deses anos fixen máis de 500 casamentos... de mércores a domingo.
No 2008 decido por o meu propio estudio e dende esa traballo pola miña conta sendo moito máis libre a hora de fotografiar, a dedicación e trato as parellas etc.
Nesa época foi momento de cambios de miles de proxectos e ilusións !!!
Facía foto fixa en cine, traballaba para a prensa, facía grandes concertos por España , moitos casamentos e viaxes gráficos por paises que sempre gustei.

Épocas nas que pensas que calquera día dache algo!!!! e asi foi!!

Anos máis tarde unha tarde a vida sorprendeme cun derrame cerebral e despois dun ano de longa recuperación volvo o meu mundo, pero desta vez con máis calma, xeito e ganas de disfrutar a segunda oportunidade de VIVIR!!

Decido só facer un casamento cada fin de semana ... E seguir viaxando polo mundo.

Decido seguir formándome para intentar ser boa en apartados da fotografía que me fan medrar, como a fotograía documental, o retrato, fine art e libre creación.

Por unha banda, a preparación as calificaccions de Portugal foi unha das miñas mellores opcións, é foi alí onde fun a primeira española en conseguir unha Colección de Honra sempre acompañada de Isabel Silvariño. Cos anos conseguín facerme con títulos de especialista en gráfico, retrato e libre creación, a parte de maestra fotógrafa.

Por outra banda, nas calificacións españolas acadei varios titulos ao igual que obras en Colección de Honra e con merito.

No 2018 FEPFI, concédeme o diploma de calidade fotográfica.
Tamén conto con sete nominacións aos Goya e varias aos premios intenacionais Luces de Granada e Quijote.

O 2019 será un ano para recordar a miña primeira expo chamada Camiños Converxentes que fala das mulleres traballadoras do meu concello. Unha exposición de máis dun mes nun entorno maravilloso, que foi visitada por centeares de persoas de España e Portugal.

Conto con varias estatuillas de ouro, prata e bronce por Europa e New York.

Actualmente o meu maior proxecto chámase EL ROSTRO DE LA VIDA MÁS ALLÁ DE LAS FRONTERAS, e é unha obra que cada día amo máis. Con ela pretendo deixar o meu maior legado.

O seu traballo