Irving Penn: Centennial: visita guiada de ASFOGAL na Fundación MOP

14 de xaneiro de 2025
Fundación MOP, A Coruña

O 14 de xaneiro de 2025, ASFOGAL organizou unha visita á exposición Irving Penn: Centennial, na Fundación MOP da Coruña.

Para coñecer a mostra con maior profundidade, a asociación contratou un guía exclusivamente para o grupo, que acompañou as persoas participantes durante todo o percorrido e achegou contexto sobre as diferentes etapas, a obra e a forma de traballar do fotógrafo estadounidense.

A visita permitiu achegarse á traxectoria de Irving Penn e comprender mellor o legado dun dos grandes nomes da fotografía do século XX.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…