Marcos Rodríguez recibe o título de Mestre Fotógrafo Internacional de APPImagem

17 de novembro de 2025

Gala do 31º aniversario de APPImagem

Casino de Espinho, Espinho (Portugal)

O fotógrafo e presidente de ASFOGAL Marcos Rodríguez recibiu oficialmente o título de Mestre Fotógrafo Internacional, concedido pola Associação Portuguesa dos Profissionais da Imagem (APPImagem).

O título foi acadado tras os resultados obtidos nas Qualificações APPImagem 2025, celebradas en abril no Hotel Príncipe Perfeito de Viseu. Marcos Rodríguez conseguiu oito obras meritadas, o máximo número de traballos que podían ser recoñecidos nun mesmo ano, e varias delas foron seleccionadas tamén para formar parte da Coleção de Honra.

A entrega oficial tivo lugar durante a gala do 31º aniversario de APPImagem, celebrada no Casino de Espinho, onde recibiu o diploma acreditativo e a insignia que o incorporan formalmente ao grupo de profesionais recoñecidos con este grao.

Este título supón un novo paso na súa traxectoria dentro da asociación portuguesa, que xa o nomeara Fotógrafo Distinguido en 2023, e recoñece a constancia, a evolución e a calidade mantida no seu traballo fotográfico.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…