Raquel Lamas, de Mate Estudio, Premio FEPFI 2026 en Fotografía de Recén Nacido

22 febreiro 2026

A fotógrafa Raquel Lamas, socia de ASFOGAL e integrante de Mate Estudio xunto á súa compañeira Amanda Pérez, foi recoñecida co Premio FEPFI 2026 na categoría de Fotografía de Recén Nacido, un dos principais galardóns da fotografía profesional en España.

O premio foi entregado o 22 de febreiro de 2026, durante a gala das Calificacións FEPFI, celebrada no Hotel Finisterre da Coruña, que reuniu profesionais da fotografía e o vídeo de diferentes puntos de España.

A fotografía de Raquel foi escollida como a mellor da súa categoría, recoñecendo un traballo no que Raquel Lamas e Amanda Pérez levan anos especializándose desde Mate Estudio, cunha maneira propia de abordar a fotografía de recén nacidos.

Raquel non puido estar presente na gala, xa que neses días se atopaba en Marrocos realizando unha formación fotográfica. Foi precisamente a súa socia, Amanda Pérez, quen subiu ao escenario para recoller o galardón no seu nome, mentres Raquel seguía o momento a través dunha videochamada.

Un importante recoñecemento para Raquel Lamas e Mate Estudio, que sitúa novamente o traballo dunha socia de ASFOGAL entre o máis destacado da fotografía profesional a nivel nacional.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…