Patricia Alija, Cámara de Bronce en Newborn nos Premios APPImagem 2025

29 de abril de 2026

Associação Portuguesa dos Profissionais da Imagem (APPImagem)

A fotógrafa e socia de ASFOGAL Patricia Alija Vega foi recoñecida coa Cámara de Bronce na categoría Newborn, correspondente ás Qualificações APPImagem 2025.

O galardón situouna na terceira posición da categoría entre todos os profesionais portugueses e internacionais participantes no certame. A Cámara de Ouro foi para a fotógrafa portuguesa Paula Canetas, mentres que Amanda Pérez Rodríguez, tamén socia de ASFOGAL, obtivo a Cámara de Prata.

O recoñecemento chegou a partir das puntuacións acadadas polo conxunto das obras presentadas. Entre elas atopábase a fotografía de recén nacido que acompaña esta entrada, distinguida como obra meritada.

Patricia desenvolve o seu traballo no estudio CazaEmociones, en Noia, xunto a Fatxís Blanco, cunha dedicación especial á fotografía familiar, infantil e de recén nacidos.

A entrega do trofeo e do diploma tivo lugar o 29 de abril de 2026, durante a gala da APPImagem celebrada no Hotel Axis Vermar Conference & Beach, en Póvoa de Varzim.
Podes ler aquí a nova de La Voz de Galicia.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…