Raquel Lamas, de Mate Estudio, Fotógrafa Distinguida Internacional por APPImagem

30 abril 2026

A fotógrafa Raquel Lamas, de Mate Estudio e socia de ASFOGAL, recibiu en Portugal a distinción de Fotógrafa Distinguida Internacional, concedida pola APPImagem, Associação Portuguesa dos Profissionais da Imagem.

O recoñecemento foi entregado durante a gala de APPImagem celebrada en Póvoa de Varzim, na que a asociación portuguesa distinguiu a traxectoria e os resultados acadados polos profesionais participantes nas súas calificacións.

A distinción supón un novo paso na traxectoria de Raquel e no traballo que desenvolve xunto á súa socia, Amanda Pérez, desde Mate Estudio, o proxecto que ambas fundaron en Guntín e desde o que levan anos especializándose, entre outras disciplinas, na fotografía de recén nacidos.

O recoñecemento internacional chega ademais nun ano especialmente destacado para Raquel, que apenas uns meses antes conseguira o Premio FEPFI 2026 á Mellor Fotógrafa de Recén Nacido de España, sumando así nun mesmo ano dous importantes recoñecementos á súa traxectoria profesional.

Un novo logro para Raquel Lamas e Mate Estudio, que continúa sumando recoñecementos dentro e fóra de Galicia.

Na prensa

El Progreso — Cuatro fotógrafas lucenses reciben reconocimiento internacional por sus trayectorias y obras

El Progreso — Mate Estudio, de Guntín, reconocido en España y Portugal por sus fotografías

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…