xantar nadal asfogal

Comida de Nadal de ASFOGAL en Santiago de Compostela

Decembro de 2024
Santiago de Compostela

En decembro de 2024, ASFOGAL celebrou en Santiago de Compostela a súa comida de Nadal, un encontro no que as persoas asociadas puideron compartir mesa e conversa fóra da dinámica habitual do traballo.

A xornada serviu para intercambiar experiencias, falar do vivido ao longo do ano e coñecerse un pouco mellor nun ambiente distendido.

Un deses encontros necesarios para facer asociación tamén fóra de cursos, actividades e convocatorias, e pechar xuntos un ano de traballo.

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…