6 de febreiro de 2024
Calificacións FEPFI – Segovia
A fotógrafa e membro de ASFOGAL Yolanda Purriños obtivo a Distinción Fotográfica nas Calificacións 2024 da Federación Española de Profesionales de la Fotografía y la Imagen (FEPFI), celebradas en Segovia.
O recoñecemento chegou a través dunha colección formada por seis fotografías de espido, valorada polo xurado dentro dun dos procesos de cualificación profesional máis esixentes da federación.
Esta nova distinción súmase á longa traxectoria de Yolanda Purriños dentro da fotografía profesional, na que acumula numerosos méritos e recoñecementos nacionais e internacionais. Mestra Fotógrafa Instrutora, é ademais directora do Corpo Colexiado de FEPFI e unha figura estreitamente vinculada durante anos ás Calificacións da federación, tanto como autora como desde o ámbito do xurado e a avaliación profesional.
Un novo recoñecemento para unha traxectoria construída arredor da fotografía, a formación e a procura constante dun traballo cada vez máis sólido.
Podes ver a nova en El Progreso aquí.


