Yolanda Purriños acada a Excelencia Fotográfica FEPFI

1 de novembro de 2022

Certame de Cualificacións FEPFI, Segovia

A fotógrafa vilalbesa e socia de ASFOGAL Yolanda Purriños acadou o recoñecemento de Excelencia Fotográfica no Certame de Cualificacións da Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe.

Fíxoo cun proxecto dedicado a Música para Salvar Vidas, unha iniciativa solidaria que presta apoio a mozos e mozas orfos de Uganda a través da música e do baile. A colección está formada por doce fotografías dobres —24 imaxes en total— nas que Yolanda retrata a cada protagonista en dous momentos: na súa vida cotiá e co vestiario empregado nas actuacións.

As fotografías foran realizadas anos antes, despois de coñecer o proxecto nas actuacións celebradas en Vilalba e As Pontes. Yolanda decidiu gardalas durante un tempo para tomar distancia da forte carga emocional do traballo e atopar a forma máis honesta de contalo.

O recoñecemento de Excelencia Fotográfica puxo en valor a calidade e a coherencia da colección, pero tamén contribuíu ao seu principal obxectivo: dar visibilidade ao labor de Música para Salvar Vidas e ás historias das persoas que forman parte do proxecto. FEPFI · El Progreso

Quizais che interese

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia,…