José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Navia é un dos grandes nomes da fotografía documental española. O territorio, a memoria, a identidade e a literatura están moi presentes nun traballo construído ao…
Paolo Roversi: Doubts: visita guiada de ASFOGAL na Fundación MOP

17 de setembro de 2026Fundación MOP, A Coruña O xoves 17 de setembro, un grupo de quince socios e socias de ASFOGAL visitamos na Fundación MOP a exposición Doubts, dedicada ao fotógrafo italiano Paolo Roversi. Durante a visita guiada puidemos coñecer con máis detalle o seu traballo e unha maneira de entender a fotografía…
Algunhas ideas arredor do retrato fotográfico, con Eduardo Momeñe

25 de marzo de 2026 Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 25 de marzo recibimos no Gaiás a Eduardo Momeñe, fotógrafo, cineasta e autor de numerosos ensaios arredor da fotografía e da construción da mirada. Durante a xornada achegámonos ao retrato fotográfico a partir da súa obra e da súa…
Creatividade aumentada: cando a IA impulsa a túa arte, con Israel Luri

O 4 de marzo de 2026, a Cidade da Cultura de Galicia, no Gaiás, en Santiago de Compostela, acolleu a xornada «Creatividade aumentada: cando a IA impulsa a túa arte», impartida por Israel Luri e organizada por ASFOGAL. Durante o encontro, Israel Luri abordou as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial como ferramenta aplicada á…
Migración e conflito: desde Siria ata Varsovia, con Samuel Nacar

21 de xaneiro de 2026 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 21 de xaneiro recibimos no Gaiás a Samuel Nacar, fotógrafo documental e cineasta centrado na migración, os conflitos sociais e as consecuencias que estes deixan nas persoas e nos territorios. Durante o obradoiro repasou máis dunha década de traballo seguindo diferentes…
Fe. Unha ofrenda á fotografía, con Tino Martínez

2 de decembro de 2025 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 2 de decembro recibimos no Gaiás a Tino Martínez, un dos grandes referentes da fotografía galega, para compartir unha xornada arredor do seu traballo e da súa longa traxectoria. Durante o encontro percorremos Fe, un proxecto desenvolvido ao longo de máis…
Axúdame a mirar: as claves para narrar unha historia, con Tino Soriano

14 de outubro de 2025 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 14 de outubro recibimos no Gaiás a Tino Soriano, fotógrafo cunha longa traxectoria vinculada á fotografía documental e de viaxes. Durante o obradoiro Axúdame a mirar, Soriano compartiu a súa maneira de observar, construír e contar historias a través das imaxes.…
David Bailey’s Changing Fashion: visita de ASFOGAL á Fundación MOP

11 de agosto de 2025Fundación MOP, A Coruña O 11 de agosto de 2025, ASFOGAL organizou unha visita á exposición David Bailey’s Changing Fashion, na Fundación MOP da Coruña. A mostra reuniu máis de 140 fotografías, algunhas delas inéditas, realizadas durante as décadas de 1960 e 1970. O percorrido permitiu achegarse á traxectoria de David…
O oficio de mirar e o compromiso coa realidade, con Emilio Morenatti

20 de marzo de 2025 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 20 de marzo recibimos no Gaiás a Emilio Morenatti, fotoxornalista e gañador de dous premios Pulitzer, para compartir unha xornada arredor da fotografía, do oficio de mirar e da responsabilidade de contar a realidade a través das imaxes. Ao longo do…
Irving Penn: Centennial: visita guiada de ASFOGAL na Fundación MOP

14 de xaneiro de 2025Fundación MOP, A Coruña O 14 de xaneiro de 2025, ASFOGAL organizou unha visita á exposición Irving Penn: Centennial, na Fundación MOP da Coruña. Para coñecer a mostra con maior profundidade, a asociación contratou un guía exclusivamente para o grupo, que acompañou as persoas participantes durante todo o percorrido e achegou…