A formación é unha das nosas bases.

Ao longo do ano promovemos talleres, conferencias, xornadas e encontros pensados para mellorar a preparación dos profesionais da imaxe e favorecer o intercambio de experiencias entre compañeiros.

A nosa idea de formación

Non buscamos unha programación pechada nin ríxida, senón unha actividade viva, adaptada ás necesidades reais dos socios e ao momento do sector.

Conferencias

José Manuel Navia en Asfogal

O vindeiro martes 20 de outubro teremos con nós en Asfogal a José Manuel Navia, nunha xornada que celebraremos na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Navia é un dos grandes nomes da fotografía documental española. O territorio, a memoria, a identidade e a literatura están moi…

Leer más »
Formación e actividades

Algunhas ideas arredor do retrato fotográfico, con Eduardo Momeñe

25 de marzo de 2026 Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 25 de marzo recibimos no Gaiás a Eduardo Momeñe, fotógrafo, cineasta e autor de numerosos ensaios arredor da fotografía e da construción da mirada. Durante a xornada achegámonos ao retrato fotográfico a partir da…

Leer más »
Formación e actividades

Migración e conflito: desde Siria ata Varsovia, con Samuel Nacar

21 de xaneiro de 2026 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 21 de xaneiro recibimos no Gaiás a Samuel Nacar, fotógrafo documental e cineasta centrado na migración, os conflitos sociais e as consecuencias que estes deixan nas persoas e nos territorios. Durante o obradoiro repasou máis dunha…

Leer más »
Formación e actividades

Fe. Unha ofrenda á fotografía, con Tino Martínez

2 de decembro de 2025 Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela O 2 de decembro recibimos no Gaiás a Tino Martínez, un dos grandes referentes da fotografía galega, para compartir unha xornada arredor do seu traballo e da súa longa traxectoria. Durante o encontro percorremos Fe, un proxecto…

Leer más »
Actividades culturais

Irving Penn: Centennial: visita guiada de ASFOGAL na Fundación MOP

14 de xaneiro de 2025Fundación MOP, A Coruña O 14 de xaneiro de 2025, ASFOGAL organizou unha visita á exposición Irving Penn: Centennial, na Fundación MOP da Coruña. Para coñecer a mostra con maior profundidade, a asociación contratou un guía exclusivamente para o grupo, que acompañou as persoas participantes durante…

Leer más »
xantar nadal asfogal
Comunidade

Comida de Nadal de ASFOGAL en Santiago de Compostela

Decembro de 2024Santiago de Compostela En decembro de 2024, ASFOGAL celebrou en Santiago de Compostela a súa comida de Nadal, un encontro no que as persoas asociadas puideron compartir mesa e conversa fóra da dinámica habitual do traballo. A xornada serviu para intercambiar experiencias, falar do vivido ao longo do…

Leer más »
Formación e actividades

Comuniones con alma, con Los Juanchys

28 de maio de 2024 Espazo Off da Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela ASFOGAL organizou Comuniones con alma, un taller de fotografía de comuñón impartido por Los Juanchys, o equipo formado por Juanchy e Gabry. Durante unha xornada completa, de 9.30 a 19.00 horas, compartiron o…

Leer más »
Formación e actividades

O novo escenario das redes sociais, con Javi Mos

23 de xaneiro de 2024   Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela Javi Mos impartiu un taller práctico sobre o novo escenario das redes sociais e a súa aplicación ao traballo dos profesionais da imaxe. Ao longo da xornada abordou os cambios nas plataformas, a creación de contidos…

Leer más »
Formación e actividades

En un mismo tiempo diferente, con Gustavo Faraldo

26 de outubro de 2023 Espazo Off da Biblioteca do Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela Gustavo Faraldo impartiu un taller centrado na narrativa audiovisual e na forma de construír historias a través das imaxes. Durante a xornada compartiu o proceso creativo que emprega nos seus proxectos,…

Leer más »
Formación e actividades

Vicente Ilumina

O 26 de abril de 2023, A Estación, Centro de Emprendemento de Vedra, en Santa Cruz de Ribadulla, acolleu o obradoiro práctico «Vicente ilumina», impartido por Vicente Esteban e organizado por ASFOGAL. A xornada estivo centrada na iluminación fotográfica e nas distintas posibilidades que ofrece a luz á hora de…

Leer más »
Formación e actividades

Ser creativo, con Jorge Alonso Molina

  O 22 de marzo de 2023, A Estación, Centro de Emprendemento de Vedra, en Santa Cruz de Ribadulla, acolleu o obradoiro «Ser creativo», impartido por Jorge Alonso Molina e organizado por ASFOGAL. A xornada xirou arredor da creatividade aplicada á fotografía, da importancia de desenvolver unha mirada persoal e…

Leer más »
Formación e actividades

Luri Update 2023, con Israel Luri

19 de xaneiro de 2023 A Estación, Centro de Emprendemento de Vedra, Santa Cruz de Ribadulla Israel Luri impartiu unha xornada centrada na actualización dos fluxos de traballo e das ferramentas empregadas na edición fotográfica. Durante o taller presentou novas técnicas e recursos para traballar con Photoshop e Lightroom Classic,…

Leer más »